Contido principal

Accesibilidade na Edificación e Ergonomía laboral

A quinta e derradeira xornada de formación do Programa DICoruña Accesible tivo lugar este venres 11 de xaneiro na Sala Juanjo Gallo da Diputación coruñesa, en dúas sesións de dúas horas.

A xornada foi impartida pola arquitecta e coordinadora do programa “Di Coruña Accesible” Belén Vaz Luis, Máster en Arquitectura e especialista en Accesibilidade e Deseño para Todos pola Universidade Internacional de Cataluña.

A ponencia constaba de catro pilares que abordaron o marco estatal lexislativo en materia de edificación, os conceptos básicos de accesibilidade na edificación, a normativa de accesibilidade na edificación facendo especial fincapé na Adecuación Efectiva e como esta se pode trasladar a edificios anteriores ao 2010 ou a aqueles que están protexidos. O último pilar constituíao a ergonomía.

 

Xornada Formaativa 5 Sala Juanjo Gallo

 

Na primeira parte tratouse a accesibilidade da man da historia, non só normativa, senón tamén da humanidade, apoiandose en exemplos de Arquitectura Moderna accesible para demostrar que un deseño podía ser “de deseño” e ser accesible ao mesmo tempo. Aproveitouse para deixar claro algúns conceptos básicos na accesibilidade na edificación, entre eles o de axuste razoable e adecuación efectiva e, trasladandoos a posteriori, a exemplos sobre os propios edificios da Deputación.

A segunda parte, vencellouse ao marco normativo autonómico e estatal en materia de accesibilidade, aclarando as posibles dúbidas das persoas asistentes e, finalmente, acompañando a normativa de propostas de boas prácticas que resultan da experiencia das necesidades de persoas con discapacidade.

 

Xornada Formativa 5 na sede da Deputación

 

Finalmente, incidiuse igualmente na ergonomía laboral, dando pequenas pinceladas sobre a neuroarquitectura e a neuroergonomía, e o estudo da luz e da cor sobre a influenza nesta última.

A finalidade desta formación era entender a accesibilidade na edificación a través do deseño integrador, usable, sensorial, cognitivo, orgánico e ergonómico nos edificios;  chegando así a todas as persoas.

Contamos cunha gran asistencia a esta última sesión formativa, que esperamos, que os diferentes técnicos trasladen as súas áreas de traballo.