Contido principal

Comunicación e Marketing inclusivo

 

A sede da Deputación Provincial da Coruña acolleu a terceira xornada de formación de DiCoruña Accesible baixo o título de “Comunicación inclusiva” . Nesta ocasión, o poñente Luis Casado Aguilera e Belén Vaz, tras unha breve presentación, reflexionaron sobre a situación actual da comunicación,  que agora debe ser considerada circular e non líneal. A cidadanía convertémonos en emisores e receptores de mensaxes de maneira continuada e, grazas a Internet, temos máis poder que nunca para poder influir e dar exemplo.

 

Xornada 3 de Formación na Sede da Deputación da Coruña

 

Por outra banda o receptor da comunicación pública é unha  persoa  diversa,  con  diferentes formas de percibir e procesar a información. As persoas con discapacidade teñen hábitos moi parecidos aos do resto, por iso, unha estratexia e marketing inclusivo por parte da administración axuda a mellorar a súa imaxe grazas a prestar servizos para todo o mundo.

Sabemos que o 4O% da poboación necesita accesibilidade para poder levar unha vida cómoda,segura e autónoma. A un 60% restante faille a vida máis confortable. A accesible non é unicamente necesaria para as persoas con discapacidade.Hai outros colectivos que taménfuncionan de modo diverso,é dicir, de modo diferente. Son as persoas maiores, as persoas de talla baixa, as embarazadas en avanzado estado de xestación,pais e nais con carro, etc..

 

Interior da Sala Juanjo Gallo durantte a sesión formativa