Contido principal

Comunicación Inclusiva

A xornada formativa “Comunicación inclusiva: casos prácticos” tivo lugar nunha única sesión desenvolta o pasado venres 23 de novembro na sala de audiovisuais da Biblioteca Provincial (Edificio Riego de Agua, 37).

Tras unha breve presentación do programa aos concellos, traballadores e traballadoras que asistían por primeira vez ás xornadas, comezaba a clase formativa de Marta Santos Vico (psicóloga con Máster en Estudos Avanzados da Linguaxe, comunicación e as súas patoloxías e Postgrado en neuropsicoloxía).

A través da súa experiencia laboral no centro de Mos en COGAMI así como noutros centros e asociacións, Marta explicou algúns dos casos máis destacados nos que traballou. A súa intención foi abarcar o maior grao de casuísticas: dende nenos ata persoas maiores; persoas con discapacidade física, cognitiva e sensorial; homes e mulleres concienciados dos seus déficits na comunicación e outros que non o estaban.

Así, durante a xornadaA través da súa experiencia laboral no centro de Mos en COGAMIe os seus tipos así como as propostas de intervención didácticas ou a mellora da tartamudez en usuarios e usuarias con discapacidade intelectual a través de exercicios de relaxación e estratexias para controlar a dicción.

Por extenso, tratouse a afasia como un trastorno causado por lesións nas partes do cerebro que controlan a linguaxe. Mostráronse exemplos de casos que repercutían nos diferentes parámetros lingüísticos (fala, comprensión, repetición, lectura e escritura).  Para isto, utilizaron diversas estratexias como o uso de claves fonéticas, exercicios logocinéticos ou a terapia melódica. Nuns casos se realizaba en intervencións  individuais e noutros en intervencións en grupo.

 

Segunda Xornada Formativa

 

Hai moitas persoas como Stephen Hawking, con esclerosis lateral amórfica (ELA). Esta enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular caracterízase pola parálise muscular progresiva. Tras ver a cortometraxe de Lazos, Marta tratou algún caso e cómo con recursos como o eye tracker (tecnoloxía de seguimento ocular) son capaces de comunicarse e recibir-transmitir información.

Outro trastorno de tipo neuromuscular do que se falou foi da parálise cerebral e a relevancia que ten a terapia miofuncional na mellora da comunicación destas persoas.

Cos casos de hipoacusia e casos de déficits visuais e lectoescritura, aportaronse posibles adaptacións de materiais para a lectoescritura e exemplos prácticos cos participantes da ponencia en tarefas de discriminación auditiva.

Finalmente falouse do proxecto Incluye+d do que Marta Santos formou parte. Este proxecto procuraba a sensibilización do alumnado en materia de discapacidade, dar a coñecer e proporcionar productos de apoio, realizar talleres de lectoescritura e funcións executivas e de atención así como a posta en marcha de patios cooperativos. Con isto último pretendíase estruturar o patio e crear recursos adaptados ás características do alumno para que despois, entre o propio alumnado, puidesen ser extrapolados. Así, coa interacción de todos os participantes na mensaxe, na sociedade, é como se logra a inserción social e, con isto, a compresión e igualdade da cidadanía.

Ao fin e ao cabo, a accesibilidade á comunicación e información reside na igualdade para participar nas diferentes sinerxias e interaccións sociais.