Contido principal
A imaxe captura a zona de mostrador dunha tenda de roupa.

Tras superar o concepto de “eliminación de barreiras urbanísticas e arquitectónicas” desenvólvese un modelo que pretende garantizar o pleno e libre desenvolvemento na vida cotiá das persoas no mundo social e comunitario, sexan cales sexan as súas capacidades e circunstancias.

O deseño arquitectónico accesible na edificación, que corrixe o concepto de “barreiras arquitectónicas”, avanza no campo da edificación pública e privada, aportando novas condicións e requisitos nos accesos, aseos, comunicacións…

A continuación preséntase unha serie de parámetros comúns á edificación, recollidos no Real Decreto 173/2010, de 19 de febreiro, e incorporados ao Código Técnico da Edificación “Seguridade de utilización e Accesibilidade”; que serán de aplicación a todos aqueles edificios de nova construción, ampliación, modificación, reforma ou rehabilitación que obtiveron a licenza municipal tras a promulgación deste real decreto (seis meses despois da súa entrada en vigor). tamén será de obrigado cumprimento en toda a edificación permitindo axustes razonables nas licenzas adquiridas anteriormente sempre que estén suficientemente xustificados.

Pretenden acentuar a igualdade de oportunidades e non discriminación de persoas para o uso e gozo das actividades vinculadas ao interior dos edificios; un dereito fundamental que procura o benestar de todas as persoas usuarias das instalacións dos edificios, actividades laborais, zonas e elementos de uso reservado a persoal especializado en mantemento, elementos singulares e característicos das infraestructuras de transporte (andéns, pasarelas, pasos inferiores…).

Os parámetros principais a considerar atinguen á contorna próxima, acceso, comunicacións horizontais e verticais, habitáculos e áreas de estancia, aseos ou sinalización.