Contido principal
Imaxe da sinalización sobre unha placa de cor vermella do espazo chamado Exposición de arquitectura.

A accesibilidade á información e á comunicación supón ter en conta aspectos tan importantes como a lectura doada tanto do espazo como da lingua.

O primeiro implica a un deseño físico. O segundo á expresión deste deseño na mensaxe, medio e canle e que ten en cosideración unha linguaxe clara, a lingua de signos española, o subtitulado etc. Ademais, cumpriméntase cunha serie de produtos de apoio.

En canto á lectura doada do espazo, existen as norma ISO 9186-1 e a UNE 170002 de requisitos de accesibilidade para a rotulación coa finalidade de recoller unha serie de pautas e símbolos gráficos que poidan ser comprendidos por todas as persoas, especialmente por aquelas persoas con algunha dificultade cognitiva. Isto débese ao uso crecente da presentación non verbal de información nos edificios e outros lugares, servizos ao público e incluso en documentos. Ademais, o continuo crecemento das viaxes internacionais, o turismo e o comercio requiren de símbolos que axuden á orientación e comprensión xa sexa por parte de nativos como dos extranxeiros; por tanto, estes teñen que ser símbolos óptimos que poidan ser entendidos sen presenza de textos suplementarios. A pesar disto, requírese de máis parámetros, como son a colocación destes símbolos en lugares que o precisen, as cores e materiais empregados así como o tamaño dos mesmos ou do texto complementario, da sinalización acústica e táctil para que poidan ser perceptibles por todas as persoas.

A expresión da mensaxe a través da lingua cobra especial importancia na comunicación e información accesible. As capacidades cognitivas son aquelas que permiten ás persoas coñecer e entender o que as rodea a través do procesamento da información que reciben. Estas capacidades baséanse na comprensión, toma de decisións, aprendizaxe e procesamento da linguaxe entre outras. Se a persoa ten algunha dificultade nestas capacidades e, ademais, enfróntase a unha contorna descoñecida ou cambiante onde a información non se transmite de forma clara, ve limitada a súa participación na sociedade. Por tanto, a mensaxe terá que seguir parámetros de linguaxe clara e incorporar ferramentas como a lectura doada, audioguía, o braille, lector de pantalla, bucle magnético etc para que todas as persoas podan participar.

Dentro da accesibilidade á información e á comunicación, cobra especial importancia a accesibilidade electrónica como a facilidade de acceso ás TIC e contidos para calquera persoa con discapacidade temporal ou non e idade avanzada.

En definitiva, preténdese acadar unha serie de medidas onde os aspectos visuais, auditivos e de linguaxe, entre outros, eríxanse como fundamentais para aumentar a facilidade e comodidade para todas as persoas na sua relación co medio.