Contido principal
Na fotografía pódese ver o panel informativo dunha marquesiña

Os transportes públicos regulares de persoas de uso xeral teñen o carácter de servizos públicos de titularidade da Administración, podendo ser utilizados sen discriminación, por calquera persoa que o desexe nas condicións que establece o título III da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas, de ordeación, e demais normativa de aplicación.

Á marxe dos aspectos físicos que se tratan na accesibilidade da contorna urbana, a accesibilidade no transporte baséase no dereito que teñen todas as persoas para poder desprazarse libremente xa sexa en transporte privado ou público. O obxectivo é dotar ao servizo de transporte dunhas condicións de itinerario, frecuencia, horarios e servizo humano que sexan adecuadas ás necesidades das persoas usuarias actuais e potenciais.

A máxima da accesibilidade no transporte é unha boa mobilidade urbana e metropolitana na que non existan obstáculos no desprazamento dun lugar a outro.

Razón disto último é que todas as empresas e organismos implicados no transporte, deben considerar isto nas súas políticas de actuación. Para iso terán que se estudar os Plans de Mobilidade que contemplen parámetros como son as infraestructuras e comunicacións viarias (información do transporte, transporte colectivo, accesibilidade en paradas de autobús) e un estudo de liñas e rutas, paradas, expedicións, horarios, tráficos, vehículos e tarifas en función do tipo de persoa usuaria que requira este servizo. Outros aspectos a ter en conta na accesibilidade ao transporte serán os criterios en licitacións de transporte (transporte adaptado en autobuses urbanos e metropolitanos, servizo para persoas con discapacidade nos taxis…).

O fin destas medidas e parámetros é facilitar a mobilidade de persoas e mercadorías así como facilitar e mellorar o acceso a bens, servizos e contactos a todas as persoas.

 
RD 1056-2014_BOE-A-2014-13362