Contido principal
A fotografía mostra a solución dun desnivel entre dúas rúas a través dun elevador inclinado acristalado.

Enténdese como a accesibilidade no espazo non edificado. Resulta de especial importancia nesta área os itinerarios peonís accesibles como rutas na vía pública que permiten, sobre todo, a persoas de mobilidade reducida, persoas con algunha discapacidade sensorial e persoas con discapacidade cognitiva transitar entre o espazo urbano e as edificacións ou outros sitios de interese. O fin é desenvolver unha vida diaria con normalidade, autonomía persoal e igualdade de oportunidades en condicións de seguridade e benestar.

O ámbito de aplicación desta área de accesibilidade está constituido por todos os espazos públicos urbanizados e os elementos que o compoñen. As condicións de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización de espazos urbanizados aplicarase a áreas de uso peonil, áreas de estancia, elementos urbanos e itinerarios peonís comprendidos en espazos públicos urbanizados. Estes mismos criterios, coas súas necesarias adecuacións efectivas, deberíanse aplicar nas estradas que contan con tránsito peonil pero non son solo con calificación de urbanizable.

A Orde VIV/561/2010, de 1 de febreiro, resulta ser o documento técnico, de aplicación en todas as cidades do país, no que se recollen as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados segundo criterios de accesibilidade universal . Esta deriva do Real Decreto 505/2007, de 20 de abril, polo que se aprobaron as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación das persoas con discapacidade para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados e edificacións. Existen normas autonómicas, en Galiza o Real Decreto 35/2000, e municipais de accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas; pero será de aplicación a máis restrictiva. A Lei Galega 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade ten pendente o desenvolvemento do Decreto Técnico necesario.

Este cambio de concepción no medio físico urbano, a prol dunha equiparación de dereitos de todas as persoas na sociedade, foi impulsado pola promulgación da Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade (LIONDAU) e máis tarde polo Real Decreto Lexislativo1/2013, de 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social (esta deroga a LIONDAU) . A partir deste momento, exponse a necesidade e obrigatoriedade de deseñar e pór en marcha estratexias de intervención que operen simultaneamente sobre as condicións persoais e sobre as condicións ambientais.