Contido principal
Na imaxe móstrase a actividade nun centro de día. Pódense ver nove persoas ao redor dunha mesa realizando diferentes xogos de apoio.

Un sistema de xestión accesible reflíctese a través dun conxunto de elementos e protocolos accesibles que interactúan para dirixir e controlar unha organización.

Tanto no deseño como na implementación do sistema de xestión influirán as características da organización, as súas diferentes necesidades e os seus obxectivos particulares e os resultados acadados ata o momento.

Analizarase o seu tamaño e estrutura, os seus procesos, etc para implementar programas de formación e contratación de persoas con discapacidade.

A sociedade ten que saber como dirixirse a todas as persoas, de maneira correcta e sabendo cales son as necesidades do receptor. Así, non é o mesmo dirixirse a unha persoa maior, adulta ou en idade escolar. Do mesmo modo que tampouco o é interactuar cunha persoa con discapacidade física, cognitiva ou sensorial. Aínda así, existen unha serie de pautas que son comúns a toda a sociedade e, por tanto, non se deben facer distincións.

Ademais, nos procesos de xestión débense emitir formularios e documentos accesibles e seguindo criterios de adecuación para persoas con necesidades especiais, baixo de deseño universal.

O fin último é acadar unha simplicidade nos procesos por parte da persoa emisora ou traballadora e, para iso, deberá seguir un protocolo no trato a todas as persoas, con discapacidade ou non, de forma natural e sen prexuízos; achegando instrucións e documentos claros e concisos, acompañados de modelos de acción se fose necesario.

Finalmente, un bo proceso de xestión repercute directamente en que a persoa se sinta integrada e non apartada da sociedade. Trátase de accesibilidade que repercute na inclusión social da persoa. Ao fin e ao cabo, só se trata de levar a cabo aquelo que se recolle na Declaración Universal de Dereitos Humanos (Nacións Unidas, 1948).