Contido principal

E ti, Dis Coruña Accesible?

O venres 5 de abril presentáronse as conclusións do programa “Di Coruña Accesible” e as medidas que a Deputación tomará de cara á eliminación de barreiras existentes e a accesibilidade universal no seu porvir.

O programa de fomento da accesibilidade deseñouse de maneira transversal, implicando a todas as áreas e actuacións da Deputación da Coruña e a seus concellos. Para iso, tocou todos os tipos de accesibilidade: física, cognitiva e sensorial para detectar as necesidades e tomar as medidas en consideración que, precisamente se recolleron , ata o  remate do programa, na área privada a disposición do persoal interno e externo da administración provincial.

Entre as pautas de intervención e as propostas que se apuntan no programa, que se dividen en liñas de actuación internas e externas, están a dotación dunha partida de investimentos para eliminación de barreiras , implementación nas licitacións de medidas de accesibilidade, creación de materiais, fomento de banco de axudas técnicas, programas de formación específica para persoal de concellos, fomentar a elaboración de regulacións en materia de accesibilidade, elaboración dun protocolo de trato ás persoas con discapacidade ou fomentar e financiar plans de mobilidade urbana municipais.

 

Acto de conclusión do Programa DiCoruña Accesible

 

Á presentación asistiron Ánxela Franco, concelleira de Igualdade, Paula Filgueiras, responsable do programa dende a Deputación, Álvaro García, representante de Combina Social e, Belén Vaz como responsable do programa dende Combina Social.

Como definiu Ánxela Franco “O programa conseguiu involucrar ao persoal no proceso de lograr a accesibilidade total e supón un cambio de rumbo xa que conseguimos ter as ferramentas para lograr o obxectivo de eliminar as barreiras de forma total, e deseñar unha folla de ruta que sitúa á Deputación da Coruña na cabeza das institucións accesíbeis”

Dende Di Coruña Accesible só podemos esperar que outras administracións sigan este exemplo a favor de Todas as Persoas.