Contido principal

Primeira actividade de DiCoruña Accesible : MEDIO URBANO E EDIFICACIÓN

A primeira actividade do Programa DiCoruña Accesible tivo lugar o pasado venres na sede da Diputación Provincial de Coruña na Sala Juanjo Gallo e demais dependencias.

Combina Social presentou a actividade coa presenza de  Álvaro García, Ana Tomé, Jano Rodríguez, Diego Piñeiro e Belén Vaz ademais dos voluntarios en cadeira de rodas;  Moncho e Fran.

Conezouse cunha introdución sobre o Proxecto DiCoruña Accesible enfocado á accesibilidade no urbanismo e na edificación, deixando patente que para que as cousas se fagan ben hai que saber non só o que di a normativa, senón tamén como se utiliza.

Actividade Pazo Provincial

 

Trala introdución empezou o percorrido polas dependencias do Pazo. Moncho e Fran, os voluntarios,  invitaron ao funcionariado participante a sentarse noutra cadeira de rodas e realizar o percorrido achegando as súas percepcións de eses espazos. Os aquitectos do equipo apoiaron esta experiencia con datos técnicos obtidos previamente das auditorías realizadas en agosto.

 

Presentación Actividade

 

Os inscritos na actividade, en dúas sesión diferentes, percorreron o Andar Sexto: salón de actos, corredores, comedor, postos de traballo e terraza percatándose dalgúns dos obstáculos que se ían atopando a nivel físico, cognitivo e sensorial. Pouco despois baixaron ao Andar Primeiro para achegarse ao salón de plenos e ao aseo adaptado.

Salón de Actos Diputación

O seguinte paso foi visitar o Andar Baixo para comprobar se podían acceder ás dependencias da Deputación  coas plataformas alí instaladas, se podían orientarse coa sinalización ou se os materiais empregados eran os adecuados na súa seguridade de uso.

Por último os funcionarios inscritos na actividade saíron ao exterior para comprobar a accesibilidade da entrada principal da sede da Deputación, onde estaban ubicadas prazas de aparcamento reservadas, dando un pequeño paseo para rematar no novo espazo urbano humanizado que se xerou na Marina.

 

Escaleiras Hall Principal

 

Exterior Pazo Provincial

 

Como conclusión sinalamos que se alcanzaron os obxectivos de sensibilización expostos dende o comezo: tómanse medidas a favor da accesibilidade pero moitas veces, por descoñecemento de como se usan,  non se realizan da maneira correcta. Agora, os funcionarios xa saben o que é sentir as barreiras que os deseños do medio urbano e edificatorio xeran na pel doutras moitas persoas e seguro que o terán en conta para futuras ocasións.