Contido principal

Primeiro balance do Programa DiCoruña Accesible

Finalizadas as auditorías,  ao longo das últimas semanas desenvolvéronse as catro actividades propostas por DicoruñaAccesible. A primeira delas tivo lugar na sede da Deputación Provincial da Coruña cun  percorrido polas dependencias do Pazo. En primeiro lugar, realizouse unha pequena introdución por parte do equipo de COMBINA Social da importancia que tiña á accesibilidade no medio físico e na edificación. Despois, para poder chegar a comprendelo, os funcionarios e funcionarias participantes, acompañados de dous voluntarios, Moncho e Fran, sentáronse nunha cadeira de rodas para realizar un percorrido polo edificio achegando as súas percepcións deses espazos. A actividade desenvolveuse en dúas sesións que contaron cunha asistencia que superaba a vintena de funcionarios e funcionarias, destacando entre os asistentes os servizos técnicos da administración.

A segunda das actividades transcorreu nunca única sesión desenvolta na Sala de Audiovisuais da Biblioteca Edificio Riego de Auga así como nas diferentes dependencias. Unha xornada sobre a Información e Xestión Vinculada á Persoa nas diferentes áreas da Deputación na que igualmente contouse con tres voluntarios, Moncho, Ramón e Fran, e unha vintena de asistentes, entre os cales se atopaban os traballadores da biblioteca que, segundo se visitasen as súas salas, daban a coñecer diferentes casuísticas no seu día a día. Trala introdución do equipo de COMBINA da repercusión que tiña o “ti a ti” e a importancia de coñecer as necesidades das persoas, foron os voluntarios os encargados de realizar a práctica, ante diferentes situacións cotiás, do trato á persoas en situación de discapacidade, especialmente daquelas áreas da Deputación que traballan cara o público.

 

Actividade DiCoruña no Pazo Provincial

 

A terceira actividade proposta por DiCoruña Accesible tivo lugar no terceiro andar da Deputación Provincial, en dúas sesións impartidas polo equipo de Combina Social. Os funcionarios asistentes á mesma, próximos a acadar a vintena, centráronse na Información e xestión vinculada aos documentos escritos e online, incluídas as páxinas web. Foi especialmente seguida por persoal que traballa na emisión de documentos como xestión tributaria, educación e informática e soportes.

A cuarta e derradeira actividade de DiCoruña Accesible realizouse no Instituto Calvo Sotelo da cidade Herculina. Tras unha introdución global e transversal da accesibilidade universal e do que isto engloba recalcouse a importancia de considerala en todos os aspectos, xa que como se puxo de manifesto “todos, nalgún momento da nosa existencia, vivimos en situación de discapacidade” xa sexa debido á falta de accesibilidade no medio, na edificación, na comunicación e información, na xestión e trato ou no transporte na que os traballadores e traballadoras de asistencia técnica a municipios, prevención de riscos laborais, normalización lingüística e diferentes áreas adicadas á ensinanza e educación comprobaron de primeira man esta realidade.

 

Actividade Colexio Calvo Sotelo

 

Nesta cuarta actividade tamén contamos soa presenza de Moncho e Fran , voluntarios que afirman: “@s funcionari@s presentes estiveron moi atent@s e participativ@s e mantieveronse interesados ademáis de realizar diversas preguntas mentres se desenvolvía cada actividade. Notábase que medraba a sua sensibilidade sobre a discapacidade ante todos os obstaculos que ían atopando”.

Un total de setenta funcionarios e funcionarias participaron nestas actividades que procuraban crear cultura e sensibilización na importancia da accesibilidade, en todas as súas vertentes, no noso día a día e tendo en conta, que esta lógrase, en gran medida, dende os diferentes traballos que desempeña a sociedade.