Contido principal

Terceira Actividade : Información e Xestión Vinculada aos Documentos

 

A terceira actividade proposta por DiCoruña Accesible tivo lugar este venres na sala 1 do terceiro andar da Deputación Provincial da Coruña Os funcionarios participantes da mesma centráronse nesta ocasión na Información e xestión vinculada aos documentos escritos e online, incluidas as páxinas web, en dúas sesións celebradas ás 10 e as 12h.

Por parte de Combina Social acudiron esta vez Luisa Miranda, Diego Piñeiro e Ana Tomé. Tras unha breve presentación, analizaron os documentos públicos dos que dispón a Deputación, facendo unha análise conxunta coas persoas traballadoras asistentes en ambas sesións. Tamén se fixo unha análise da accesibilidade da páxina web e animouse ao persoal da Deputación a que trouxesen documentos sobre os que están a traballar.

 

Funcionarios en el interior del Pazo valorando documentación.

 

Procedeuse a proxectar  diferentes documentos, os máis salientables, así como a súa páxina web para comentar o grao de accesibilidade. Estes documentos foron recompilados e guardados durante a fase das auditorías.

 

Funcionarios na Acti. 3 no Interior do Pazo Provincial

 

Tras esta presentación púxose de manifesto a necesidade de que os documentos sexan accesibles, claros, lexibles e entendibles por parte de calquera persoa sexa cales sean as súas capacidades e circunstancias.