Contido principal

Transversalidade na Accesibilidade

Este venres 5 de outubro desenvolveuse a cuarta actividade de DiCoruña Accesible no Colexio Calvo Sotelo da cidade herculina. Durante as sesións programadas o equipo de Combina Social, formado nesta ocasión Belén Vaz, Jano Rodríguez , Diego Piñeiro, Ana Tomé e dous voluntarios con discapacidade ; Moncho e Fran abordouse nesta ocasión a accesibilidade dun xeito transversal.

En anteriores actividades afrontarase a accesibilidade parcialmente, por áreas. Na sesión desenvolvida no Calvo Sotelo centrouse sen embargo no día a día e en diferentes ambitos: urbanismo, edificación, trato a persoas, información e, tamén, no transporte. A experiencia diária dos voluntarios e o persoal técnico de COGAMI aportou un punto de vista directo das dificultades cos que estos se atopan habitualmente. Tras unha introducción global e transversal da accesibilidade e do que isto engloba recalcouse a importancia de considerala en tódolos aspectos pois “todos, nalgún momento das nosas vidas estaremos en situación de discapacidade. Xa sexa física, sensorial ou cognitiva”. Así se procurou mostrar con exemplos, de xente anónima e cotiá e persoaxes coñecidos.

 

Funcionarios da Diputación participan na cuarta actividade no Colexio Calvo Sotelo

 

Tras isto, comezouse o percorrido polas instalacións do Calvo Sotelo da man de Moncho. A sala de conferencias, o acceso, o aseo, a residencia, o patio e as aulas foron os espazos nos que por a proba a accesibilidade na edificación, urbanismo, comunicación e información, procesos de xestión e, tamén, no transporte.

 

Voluntario de Cogami muestra como se realiza unha transferencia a un automovil.

 

A actividade tentaba achegar ao funcionariado participante a idea de que calquera proceso, de trato ou deseño ten que ser concebido dende o seu principio para calquera persoa na maior das casuísticas posibles. Unha vez rematada, deuse paso as opinións dos asistentes, moitos deles participantes nas sesións anteriores para compartir percepcións e se acadaron a sensibilización que se buscaba nesta fase pois algunhas acción xa se están levando a cabo dende as áreas da administración provincial.