Contido principal

Xornadas de formación Di Coruña Accesible para a Deputación da Coruña

Este mércores 31 de outubro tivo lugar unha reunión entre Paula Filgueiras, técnica de Servizos Sociais da Deputación da Coruña responsable do Programa de Fomento da Accesibilidade na mesma e Belén Vaz, a coordinadora do programa por parte de Combina Social. Esta mesma tiña como fin reaxustar contidos e pechar a convocatoria para as actividades formativas de Di Coruña Accesible.

Trátase de crear e entender contornas, procesos, actividades, bens, produtos, servizos obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos de xeito que podan ser utilizados por tódalas persoas, independentemente do seu xénero, idade, capacidades ou cultura. Este proceso realizarase procurando a maior independencia posible.

Para chegar a isto, a sociedade no seu conxunto terá a súa responsabilidade e, neste caso, os traballadores e traballadoras da Deputación así como os técnicos dos diferentes municipios da provincia de A Coruña en modificar contornas de modo que poidan ser utilizadas en igualdade de condicións por tódolos cidadáns.

As sesións constarán de cinco módulos: Accesibilidade Universal, Educación e cultura para persoas con necesidades especiais, Comunicación Inclusiva, Accesibilidade no Medio físico Urbano e Elaboración dun Plan de Accesibilidade e Accesibilidade a través da ergonomía na edificación. Estas serán impartidas nesta orde, comezando o 16 de novembro e rematando o 20 de decembro.

 

Xuntanza Diputación A Coruña

 

A primeira sesión, impartida por Luisa Miranda (Postgrado en Accesibilidade e Deseño para todos) ten como fin familiarizar e formar de maneira transversal e xeral ao persoal da Deputación na accesibilidade no medio físico, edificación, comunicación, transporte e persoas.

 

A segunda das actividades, impartida por Marta Santos (Psicóloga e Máster en Estudos Avanzados da Linguaxe, Comunicación e as súas patoloxías) ten como obxectivo xerar empatía cara persoas con discapacidade en diferentes situacións comunicativas así como coñecer métodos de traballo e inclusión.

 

O módulo de “Comunicación Inclusiva” será impartido por Luis Casado (Periodismo, Publicidade e Relacións Públicas e Postgrado en Accesibilidade) e erá como fin empatizar e familiarizar a audidencia coas diferentes necesidades de comunicación así como coñecer as claves da comunicación inclusiva, entre outros.

 

A xornada de Accesibilidade no Medio Físico Urbano. Elaboración dun Plan de Accesibilidade busca coñecer a lexislación vixente en espazos urbanos, coñecer ferramentas e boas prácticas na intervención sobre estes e dar a coñecer como se elabora o Plan de Accesibilidade dun Municipio. Diego Piñeiro (Arquitecto e especialista en Accesibilidade) e Alejandro Rodríguez (Arquitecto) serán os encargados de realizala.

Finalmente, o módulo correspondente a edificación ten como fin a realización dun deseño edificatorio usable, confortable e ergonómico para as persoas ademais da adopción de boas prácticas en edificios administrativos e de interese patrimonial. Belén Vaz (Arquitecta, Máster en Arquitectura e Postgrado en Accesibilidade e Deseño para Todos) será a encargada de pechar as sesións de formación.

Unha das premisas da accesibilidade é tratar a tódalas persoas por un igual xa sexan homes, mulleres, persoas con discapacidade buscando e promovendo o acceso a tódolos recursos en igualdade de condicións, a promoción de políticas públicas que teñan en conta as desigualdades existentes entre as persoas.